LOST & FOUND distribúe un ciclo que inclúe seis longametraxes da directora norueguesa. Estrenarase en marzo en Cineteca Madrid, Filmoteca Regional de Murcia e a sala NUMAX de Santiago de Compostela.
A partir de abril chegará a Filmoteca de Catalunya, Filmoteca Valenciana, Filmoteca de Cantabria e Cines Casablanca de Valladolid.
-
Violación
Saber máisUnha ama de casa é brutalmente violada nunha mañá de inverno, e ao día seguinte unha moza sofre un intento de violación. A policía sospeita de Anders, un mozo peón en estradas que foi visto no lugar en ambos os dous casos. Mais, atoparon o home correcto? A través de formas próximas ao documental e cunha montaxe rupturista, analízase a investigación policial e o sistema xudicial noruegués seguindo a perspectiva do acusado.
-
As esposas
Saber máisQue pasaría se as mulleres comezasen a comportarse coma os homes? E se se descontrolasen en lugar de volver á casa e ás súas responsabilidades? Esta película trata sobre tres mulleres que abandonan o traballo, o marido e os fillos para se embarcar nuns días de desenfreo, desafiando os roles tradicionais.
-
O xogo serio
Saber máisArvid e Lydia coñécense e namoran en 1897. Arvid comezou a traballar nun xornal e non pode ofrecerlle a seguridade económica que ela desexa. Lydia casa e ten fillos cun home maior e adiñeirado tras a morte de seu pai. Arvid contrae matrimonio coa herdeira dun magnate da construción. A partir dun reencontro casual en 1907, comezan un affaire que complicará as súas acomodadas vidas.
-
A herdanza
Saber máisA familia Skaug reúnese tras o funeral dun exitoso empresario sen fillos. Lese o testamento e todos herdarán, pero só se os herdeiros logran continuar xuntos coa empresa. Se non, perderán a herdanza. Baixo as enganosas aparencias dunha educada familia burguesa, a situación desenterra vellas feridas e conflitos, mentres a cobiza se apodera deles.
-
Caza de bruxas
Saber máisSéculo XVII nunha aldea das montañas de Noruega. Unha moza múdase á antiga granxa familiar e comeza a traballar. Resulta ser unha muller forte e emprendedora, o que fai circular rumores. Os habitantes da vila vólvense na súa contra ao atribuírlle habilidades sobrenaturais. Co beneplácito e a axuda das autoridades, acaban por acusala de estar aliada co demo.
-
O paxaro de papel
Saber máisA moza avogada de Oslo, Helen Larre, observa como un home cae desde un balcón e, ao achegarse, descubre que se trata do seu pai. Na súa roupa encontran adheridos diversos documentos e a fotografía dunha moza. Coa axuda do inspector Pål Brenden, comezará a debullar toda unha serie de intrigas corporativas e conflitos familiares que a levarán a replantexarse a relación co seu pai, mentres intenta descubrir se se trata dun suicidio, un accidente ou un asasinato.