Ir ao contido principal

Á procura da estrela chega a salas comerciais o 15 de xaneiro, nun TANDEM con O movimento das coisas

A primeira película de Carlos Martínez-Peñalver proxectarase o vindeiro luns no Círculo de Belas Artes de Madrid, nun programa dobre coa cinta de Manuela Serra, un clásico case esquecido do cinema portugués

Ambas longametraxes comezan unha xira polo territorio español, con próximos pases en Zumzeig (Barcelona), NUMAX (Santiago de Compostela) e a Filmoteca de Galicia (A Coruña), todos eles con coloquio e presenza do director

Á procura da estrela, a primeira película do cineasta galego Carlos Martínez-Peñalver Mas, chegará ás salas comerciais españolas o vindeiro luns, 15 de xaneiro, coa súa estrea no Círculo de Belas artes de Madrid, en un pase especial que contará coa presenza do director e rematará cun coloquio. A estrea chega, ademais, formando un TANDEM con O movimento das coisas, de Manuela Serra, todo un clásico do cinema portugués, case esquecido. Rodouse en 1985, pero non foi estreado oficialmente ata a 2021, nunha copia restaurada pola Cinemateca Portuguesa, que ahora podrá verse en España, comezando polos días 20 e 21 de xaneiro no Círculo. Ambas as dúas películas teñen fortes puntos en común, partindo do retrato do mundo rural do norte portugués, desde unha linguaxe cos códigos propios do documental. 

Así, dentro do programa TANDEM de LOST & FOUND FILMS, pensado para establecer un diálogo entre con influencias, temas ou enfoques similares, Á procura da estrela e O movimento das coisas, comezan unha xira conxunta polo territorio español, con próximos pases en Zumzeig Cinema, en Barcelona (23 de enero), nla sala NUMAX, de Santiago de Compostela (29 y 30 de enero) e na Filmoteca de Galicia, na Coruña (31 de enero). Nestas tres salas o público tamén poderá contar coa presenza de Carlos Martínez-Peñalver e cun faladoiro posterior para analizar as películas.

O debut de Carlos Martínez-Peñalver acada a súa estrea comercial tras ser a película inaugural do festival  Novos Cinemas de Pontevedra en diciembre, e ter formado parte do programa de Porto/Post/Doc e o Festival Internacional de Cine de Xixón, colleitando en ambos moi boa acollida entre público e crítica. A cinta, rodada na Serra da Estrela, en Portugal, parte dunha lenda da zona para trasladarnos unha historia de ficción arraigada no corazón destas montañas, e contada desde a voz dos seus habitantes. 

Producida por OMEN e María Zimbro, e distribuida por Lost & Found, ‘Á procura da estrela’ foi seleccionada en 2020 no mentoring projects de L’Alternativa (o festival de cine independente de Barcelona). Foi, ademais, premiada no festival Entrevues de Belfort coa axuda á posproducción [Films en Cours] 2021 e en Porto/Post/Doc onde foi seleccionada ese mesmo ano para os talleres de desenvolvemento Arché.

40 anos después da súa rodaxe, estrea de ‘O movimento das coisas’

Pola súa banda, O movimento das coisas é a única película de Manuela Serra, un documental poético rodado en 1985 que retrata o día a día dunha pequena aldea portuguesa, Lanheses, en Viana do Castelo. Toda unha experiencia cinematográfica acompasada ao ritmo dunha xornada de traballo para as familias labregas desta localidade.

Para Carlos Martínez-Peñalver, “a vontade de reter aquilo que desaparece, o inmediato esvaecer do tempo, é un dos xestos propios do cine. Manuela Serra acóllese a esta cualidade para retratar o cambio que experimentaba o mundo rural da década dos 80 no norte de Portugal”. 

Falamos dunha xoia inxustamente descoñecida, pois nunca chegou a ter estrea comercial e só foi exhibida puntualmente en 1986, 2004 e 2006, até que a Cinemateca Portuguesa restaurouna nunha copia dixital que chegou ás salas en 2021. Esta é a copia que poderemos ver agora en España, da man de LOST & FOUND FILMS e dentro dun programa TANDEM.