Ir ao contido principal

'Unrueh' e 'Human Flowers of Flesh', en competencia en Novos Cinemas

Ambos filmes, a competición no certame pontevedrés Novos Cinemas (13-18 decembro), foron adquiridos por LOST & FOUND e terán estrea comercial en 2023.

 

Unrueh, do suízo Cyril Schäublin, é unha das películas do ano. Tras gañar mellor director ba sección Encounters da Berlinale, non deixou de merecer premios en certames como Jeonju e Viennale e leva un fulgurante percorrido internacional.

Algo similar pode dicirse da alemá Helena Wittmann e a súa
Human Flowers of Flesh, que debutou en Locarno e tivo premiere en España en Sevilla. Trátase dunha suxestiva aventura marítima.

 

Entre os días 13 e 18 de decembro LOST & FOUND compite no festival Novos Cinemas de Pontevedra por galardóns para Unrueh e Human Flowers of Flesh. Se esta última xa tivo a súa estrea española en Sevilla, onde acompañamos á súa directora Helena Wittmann, a primeira é unha recente adquisición. O seu director, Cyril Schäublin, gañou mellor director na sección Encounters da Berlinale e a partir de aí a lista de festivais á que acudiu con novos premios é inmensa.

Unrueh é un retrato coral dos distintos estamentos dunha pequena poboación do val do Jura en Suíza cara finais do século XIX, onde a vida xira en torno a unha fábrica de reloxos. A película analiza as orixes do capitalismo moderno a través duna aproximación poliédrica e expansiva, que nos recorda ás mellores novelas do coetáneo Émile Zola. Como relato fidedigno desa época, con todas as complexidades sociais e políticas que entraña, Unrueh é igual de efectiva.

Pola súa banda, Human Flowers of Flesh é unha viaxe hipnótica que nos convida a nos mergullar nas aguas do Mediterráneo seguindo os pasos da Lexión Estranxeira de Francia. Con claras influencias do Beau travail de Claire Denis (recentemente nomeada unha das mellores fitas da historia do cinema pola publicación británica Sight & Sound), e inspirándose na novela O mariño de Xibraltar, de Marguerite Duras, a peza de Helena Wittmann é un belo poema sensorial. Tanto esta como Unrueh terán estrea comercial en 2023.