Ir ao contido principal

Helena Wittmann inicia o 15 de marzo a xira de presentación da súa película Human Flowers of Flesh en España

Dentro do programa TANDEM, Human Flowers of Flesh proxectarase acompañada dunha sesión coas curtametraxes O domador de tempestades, de Jean Epstein, e A gran tristeza de Zohara, de Nina Menkes; elixidas pola realizadora.

A directora visitará Madrid, A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Valladolid e o D’A Film Festival de Barcelona antes da estrea comercial da fita, o próximo 31 de marzo.

A directora alemá Helena Wittmann iniciará o próximo xoves 15 de marzo no Círculo de Bellas Artes de Madrid e no Goethe Institut unha xira de presentación da súa película Human Flowers of Flesh, antes da súa estrea comercial nas salas españolas, prevista para o venres 31 de marzo. Esta fita estivo presente na sección Las Nuevas Olas do festival de Sevilla, tras estrearse en Locarno cunha grande resposta crítica, e proxectarse noutros certames de prestixio coma o de Nova York ou a Viennale.

Human Flowers of Flesh bebe da herdanza do xénero de aventuras no mar, mais o actualiza dende unha perspectiva moi próxima ao pictórico, sen medo a mergullarse na abstracción. As súas imaxes e sons achégannos a un estado de transo ou meditativo, como se ten escrito en varios textos, sen présas nin necesidade algunha de ser explícita no narrativo.

 

"Esplendidamente inmersiva". James Lattimer (Sight & Sound)

 

TANDEM con Epstein e Menkes: diálogo a través dun século de cinema

Human Flowers of Flesh exhibirase dentro do programa TANDEM de LOST & FOUND FILMS, pensado para establecer un diálogo con outras películas que foron influencia ou tratan temas similares. Neste caso, Helena Wittmann elixiu dúas curtametraxes.

Trátase de A gran tristeza de Zohara (1983), de Nina Menkes, sobre a viaxe persoal e espiritual dunha muller xudía que non encaixa na comunidade ortodoxa, e de O domador de tempestades (1947), de Jean Epstein*, na que unha moza está inquieta pola tardanza do seu prometido en regresar da mar e vai en busca dun “tempestaire”, un mago con fama de poder dominar os elementos da Naturaleza. Dúas historias de viaxe y descubrimento, dúas experiencias estéticas que dialogan coa fita de Helena Wittmann con case un século de cinema entre medias.

 

Próximas proxeccións

Tras a exhibición deste programa dobre en Madrid, os próximos 15 e 16 de marzo, Helena Wittmann continuará durante dúas semanas cunha xira de presentación de Human Flowers of Flesh, coas seguintes datas. Todas as sesións estarán presentadas pola directora e haberá coloquios nos pases da súa película.

— 15 de marzo. Madrid. Círculo de Bellas Artes. 19.30h. Programa de curtametraxes.

— 16 de marzo. Madrid. Goethe Institut. 11.00h. Human Flowers of Flesh. Pase de prensa.

— 16 de marzo. Madrid. Círculo de Bellas Artes. 19.30h. Human Flowers of Flesh.

— 17 de marzo. A Coruña. Filmoteca de Galicia. 20.30h. Human Flowers of Flesh.

— 18 de marzo. Ferrol. DUPLEX Cinema. 12.00h. Programa de curtametraxes.

— 18 de marzo. A Coruña. Filmoteca de Galicia. 18.00h. Programa de curtametraxes.

— 18 de marzo. Ferrol. DUPLEX Cinema. 19.30h*. Human Flowers of Flesh.

— 20 de marzo. Santiago de Compostela. NUMAX. 19.25h. Human Flowers of Flesh.

— 21 de marzo. Santiago de Compostela. NUMAX. 20.15h. Programa de curtametraxes.

— 22 de marzo. Valladolid. Cines Casablanca. 19.30h* Programa de curtametraxes.

— 23 de marzo. Valladolid. Cines Casablanca. 19.00h. Human Flowers of Flesh.

— 24-26 marzo. Barcelona. D'A Film Festival — Human Flowers of Flesh, a competencia na sección Talents. Pases: Sábado 25/03/2023 ás 17:15 horas no CCCB TEATRE. Luns 27/03/2023 ás 17:30 na sala 1 dos Cines Aribau. Domingo 26 de Marzo, de 19:00 a 20:00 en CCCB Aula 2, conversa con Helena Wittmann x D'A Film Lab.

* horarios aproximados*

 

_ _ _

Le tempestaire restaurouse en 2013 a partir dun elemento de conservación provinte das coleccións da Cinémathèque française, tirado de negativos en nitrato coa imaxe e son orixinais, hoxe desaparecidos. A imaxe deste elemento dixitalizouse en 2K (traballo realizado por CineNova) e o son foi restaurado dixitalmente (por L.E. Diapason). Esta restauración obtivo o apoio dos fondos de axuda á dixitalización de filmes de patrimonio do CNC e puido realizarse grazas á colaboración de Béatrice Constantini.

Copia cedida pola Cinémathèque française