A ragariga
Márta Mészáros
Quero proxectar este filmeA rapariga traballa nunha fábrica téxtil. A rapariga, educada nun orfanato, busca desesperadamente aos seus pais. A rapariga atopa a súa nai nunha pequena aldea e esta pídelle que agoche a súa identidade ante a súa nova familia. A rapariga síntase terriblemente soa, inicia curtas relacións con homes que non a enchen. A rapariga decide axudar a un home que parece saber algo sobre a morte de seu pai, mais acaso lle está a contar a verdade?
Aínda que Mészáros xa estaba curtida como realizadora tras haber ter traballado durante quince anos de documentalista no NODO húngaro, esta é a súa primeira longo de ficción. Todas as súas inquietudes temáticas e a sosegada experimentación nas formas xa están aquí. Criada nunha institución tras o falecemento de seus pais, este elemento vai marcar moitas das súas tramas. Na súa primeira etapa abundan as rapazas rebeldes contra o sistema de valores sociais do momento, como acontece en toda Europa tras maio do 68, sentimento a miúdo expresado a través da música popular. Neste caso contou como protagonista con Kati Kovács, cantante rock que era toda una celebridade cando filmou esta película.
Ver en liña
Premios
Seminci 1969 Premio especialFicha técnica
- Título orixinal:
- Eltávozott nap
- Ano:
- 1968
- Duración:
- 84 minutos
- Formato:
- branco e negro
1.37:1, remasterización dixital en 2K - País:
- Hungría
- Idioma orixinal:
- Húngaro
Ficha artística
- Dirección:
- Márta Mészáros
- Guión:
- Márta Mészáros
- Fotografía:
- Tamás Somló
- Música:
- Levente Szörényi, János Bródy
- Elenco:
- Kati Kovács, Teri Horváth, Ádám Szirtes, Jácint Juhász, András Kozák, Gábor Agárdy
- Montaxe:
- Zoltán Farkas
- Son:
- Zoltán Toldy
- Deseño de produción:
- Zoltán Farkas
- Vestiario:
- Piroska Katona
- Produción:
- Mafilm Studio 4