Ir ao contido principal

Alienada da súa comunidade xudía ortodoxa de Xerusalén, unha moza ábrese ao mundo do espírito. Rodeada de escuros sons do "Outro Lado", vese arrastrada a remotas e cada vez máis desoladas rexións en terras árabes. A súa viaxe, como unha busca mística a través das súas propias paisaxes interiores, culmina co seu regresa a Xerusalén. Alí, indeleblemente marcada, enfróntase á súa profunda soidade e ao seu devastador sentimento de exilio.

A busca de Zohara segue as etapas de separación, iniciación e retorno que Joseph Campbell fixo famosas, pero difire o suficiente do modelo tradicional como para alterar substancialmente o significado social e psicolóxico da viaxe. Non hai axudantes, nin tarefas perigosas, nin unión co sexo oposto, nin reconciliación coas figuras paterna e materna. Ademais, o seu regreso non é claramente vitorioso. Como descubriu Annis Pratt no seu estudio de obras orixinais de mulleres, unha protagonista feminina cuxa busca desemboca no renacemento ou a transformación ten dificultades para reincorporarse á sociedade, "encóntrase no seu ascenso... cunha reacción contundente, un intento de empequenecer a súa personalidade e reacomodala a un status secundario".

  • Esta película de imaxes que abraian, moi sensual e rica en texturas, crea unha poderosa sensación de atemporalidade

    Kevin Thomas, Los Angeles Times
  • O misticismo evocado por Menkes tamén pode atoparse na obra de Maya Deren; ambas artistas utilizan as ferramentas do cinema para esculpir novas formas de narrativa. As súas películas non son exercicios formais de redutivismo, senón exercicios espirituais, mantras que nos guían cara unha nova linguaxe, ou quizais fóra da linguaxe

    Eric Freedman, Filmmaker Magazine

Ficha técnica

Título orixinal:
The Great Sadness of Zohara
Ano:
1983
Duración:
40 minutos
Formato:
1.33:1 – Cor - 5.1 – DCP
País:
Israel, Marrocos
Idiomas:
Inglés

Ficha artística

Produción, dirección, filmación:
Nina Menkes
Guion:
Texto adaptado de Xob, con poesía adicional de Tinka Menkes
Montaxe:
Nina Menkes e Tinka Menkes
Elenco:
Tinta Menkes