Adopción
Márta Mészáros
Quero proxectar este filmeKata, viúva, está entrando nos corenta sen fillos. O seu amante, casado, non desexa telos con ela. De maneira fortuíta entra na súa vida unha moza escapada dun orfanato que lle pide refuxiarse na súa casa. Inicialmente reticente, Kata acóllea e comezar a encariñarse con ela. Axúdaa a deixar a institución e a casar cun rapaz ao que ama. Ademais, a relación entre ambas mulleres esperta en Kata a determinación para cambiar o que non lle gusta da súa situación vital.
A visión inédita de Mészáros das relacións extramaritais, a maternidade ou o choque interxeracional convulsionou o cinema da Europa do Leste e abriulle as portas ao éxito internacional. O filme gañou o Oso de Ouro na Berlinale e estivo nomeado al Oscar. A fita inicia unha nova etapa de madurez na realizadora, movéndose das súas historias sobre mozas rebeldes cara outro conxunto de filmes máis centrados nas problemáticas das mulleres de mediana idade. Ademais, resulta un compendio moi preciso de todas as súas inquietudes e mostra un asentado dominio formal. Con razón está considerada a súa obra mestra.
Ver en liña
Premios
Berlinale 1975 Oso de ouroOscars 1976 Nomeado ao mellor filme estranxeiro
Ficha técnica
- Título orixinal:
- Örökbefogadás
- Ano:
- 1975
- Duración:
- 88 minutos
- Formato:
- branco e negro
1.85:1, restauración en 4K supervisada polo director de fotografía Lajos Koltai - País:
- Hungría
- Idioma orixinal:
- Húngaro
Ficha artística
- Dirección:
- Márta Mészáros
- Guión:
- Márta Mészáros, Gyula Hernádi, Ferenc Grunwalsky
- Fotografía:
- Lajos Koltai
- Música e son:
- György Kovács
- Elenco:
- Kati Berek, Gyöngyvér Vígh, Péter Fried, László Szabó, Flóra Kádár, János Boros, Erzsi Varga
- Montaxe:
- Éva Kármentő
- Deseño de produción:
- Tamás Banovich
- Vestiario:
- Zsuzsa Vicze
- Produción:
- Mafilm Studio Hunnia