Ir ao contido principal

1936. Szilvia é unha aristócrata infértil. Convence á súa nova amiga Irén para que lle dea un fillo co seu marido Ákos. Este, que debe o seu éxito na carreira militar ás influencias da súa muller, non se sinte cómodo coa proposta, mais sucumbe aos encantos da bela Irén. Acaban por vivir xuntos con Ákos levando unha dobre vida entre a casa da súa muller e a da súa amante. A parella ten un segundo fillo, mais cando os fascistas chegan ao poder, a orixe xudía de Inés permitirá a Szilvia vingarse deles.

Mészáros traslada algúns dos seus temas predilectos, como a maternidade e as relacións de poder, a un filme de época suntuoso, posible grazas á alianza con Gaumont. Eles poñen a Isabelle Huppert no rol de Inés, muller verdadeiramente maltratada pola súa suposta amiga, que controla co seu diñeiro e influencias tamén ao seu marido. Contrariamente a outros exemplos de sororidade que existen na obra da húngara, aquí mostra a unha Lili Monori quen dos actos máis malvados, dándolle a volta ás estruturas do poder que denunciaba nos seus primeiros filmes. Baseada nunha historia real, desenterra algunhas das vergoñas do pasado do seu país, labor que continuará nos seus diarios.

Ver en liña

Premios

Cannes 1980 Sección oficial a competición
  • Mészáros e Ildikó Kórody fraguan un guión cheo de xiros sorprendentes, mais non hai tanto diálogo como cabería esperar. A meirande parte do tempo, Mészáros deixa á fría e pictórica estética facer todo o traballo.

    Zita Short, JumpCut.

Ficha técnica

Título orixinal:
Örökség
Ano:
1980
Duración:
105 minutos
Formato:
cor
1.85:1, restauración en 4K supervisada polo director de fotografía Elemér Ragályi
O filme foi restaurado en colaboración entre The Hungarian National Film Fund – Film Archive e Gaumont.
País:
Hungría
Idioma orixinal:
Húngaro
Produción:
Mafilm Studio Hunnia, Gaumont

Ficha artística

Dirección:
Márta Mészáros
Guión:
Márta Mészáros, Ildikó Koródy, Jan Nowicki
Fotografía:
Elemér Ragályi
Música:
Zsolt Döme
Elenco:
Lili Monori, Isabelle Huppert, Jan Nowicki, Sándor Oszter, Zita Perczel, Sándor Szabó, Piotr Skrzinecki, Judit Hernádi
Montaxe:
Annamária Komlóssy
Son:
György Kovács
Deseño de produción:
József Romvári
Vestiario:
Fanni Kemenes

Descargas