Ir ao contido principal

Alexandre Cirici i Pellicer

Alexandre Cirici i Pellicer (Barcelona, 1914-1983) foi unha figura activa na cultura e política catalás. Crítico de arte, profesor de Historia da Arte na Universidade Autónoma durante longo tempo, despois catedrático e tamén publicista. Tomou parte na Asemblea de Cataluña, movemento unitario de oposición antifranquista, e militou no PSC, polo que foi senador.

No filme Érase una vez..., segunda longa de animación na historia do cinema español, exerceu de director artístico. Decidiu ambientar esta adaptación d'A Cincenta no Renacemento, dotando á fita dunha documentada veracidade histórica.