Ir ao contido principal

Quen somos

Coa convicción de que certo cinema do pasado segue a ser moderno e a crenza de que influencia e dialoga con tendencias contemporáneas, LOST & FOUND nace para contribuír á reescritura da historia do cinema, considerando que é posible ampliar o campo do que se nos vén contando nas últimas décadas. Así, a distribuidora ponse en marcha coa vocación de rescatar a obra de cineastas que non tiveron a sorte de saír en primeira plana nas enciclopedias, mais cuxo traballo é notable e merece ser descuberto ou reconsiderado.