Á procura da estrela, primeira película de Carlos Martínez-Peñalver, estréase nos festivais de Porto/Post/Doc y Xixón
O filme, xa premiado durante o seu desenvolvemento nos festival de Belfort, Post/Doc y L’Alternativa (Barcelona) se estrenará en Porto el 18 de noviembre, y en Xixón el día 23 del mismo mes
‘Á procura da estrela’ ambiéntase na Serra da Estrela, no norte de Portugal, e traslada un argumento propio do cinema de aventuras, combinado cunha linguaxe marcadamente documental
27 de octubro de 2023 - Á procura da estrela, a primeira película dirixida polo cineasta galego Carlos Martínez-Peñalver Mas, terá unha dobre estrea na Península Ibérica durante o mes de novembro, en Porto/Post/Doc e no Festival Internacional de Cine de Xixón. Así, este filme ambientado na portuguesa Serra da Estrela terá un pase en Porto o 18 de novembro e poderá verse en Xixón con dúas proxeccións, o 23 e o 24 de novembro.
A cinta chega co prestixio de ter sido xa premiada no festival Entrevues de Belfort coa axuda á posproducción [Films en Cours] 2021, seleccionada no mesmo ano nos obradoiros de desenvolvemento Arché en Porto/Post/Doc, e no mentoring projects de L’Alternativa, o festival de cine independiente de Barcelona, en 2020.
Conta a historia de Xoel, un fonografista galego que percorre a montaña máis alta de Portugal para preservar a súa paisaxe sonora en vías de extinción. E alí atópase cunha lenda que está abocado a revivir, a historia do pastor e a Estrela. O protagonista é Joel Fontán Martínez, acompañado por varios actores non profesionais vinculados á zona da Serra da Estrela. É o caso, entre outros, de José María Saraiva, activista medioambiental implicado na denuncia dos efectos da masificación turística, e de Joaquim Margarido Marvão, o derradeiro pastor trashumante destas montañas.
N’A procura da estrela, o director combina intelixentemente a ficción, cun argumento propio do xénero de aventuras, pero nolo transmite a través dunha linguaxe fortemente documental. Nas súas propias palabras, Martínez-Peñalver quere “apelar ao cinema como pretexto para o soño, ao solo coma unha forma de crítica, de posicionamento político, á imaxinación como refuxio para a salvación”.
Carlos Martínez-Peñalver (Vigo, 1991) estréase como director con esta película, tras ser asistente de montaxe de Mimosas, o filme de Óliiver Laxe premiado en Cannes en 2016. Tamén é director, montador e cofundador da productora Omen, e responsable da montaxe de películas como Ningún río me protexe de min de Carla Andrade, Alén Mar de Andrés Sanjurjo e El rastro firme de Fernando G. Luna, entre outras.