Ir ao contido principal

Cyril Schäublin

Cyril Schäublin (1984, Zúrich), descendente dunha familia de reloxeiros, medrou en Suíza. Entre 2004 e 2006 viviu en China, onde estudou mandarín e cinema na Academia Zhongxi de Pequín. A continuación, estudou Dirección Cinematográfica na Academia Alemá de Cinema e Televisión de Berlín (DFFB), onde se graduou en 2012. De volta a Suíza, dirixiu e produxo a súa primiera longametraxe, Dene wos guet geit /Those who are Fine (2017), que se estreou en Locarno e proxectouse en numerosos festivais de cinema, como o de Rotterdam e o de New Directors / New Films de Nova York. A película recibiu varios premios e honras internacionais, incluído o premio á mellor película no Festival Internacional de Cinema de Edimburgo 2018 ou unha nominación aos Premios do Cinema Europeo 2018 (European Discovery). Unrueh/ Unrest (2022) é a súa segunda longametraxe.