Diario para os meus fillos
Márta Mészáros
Quero proxectar este filmeFinais dos anos corenta. Juli é unha moza orfa que volve a Budapest cos seus avós tras uns anos emigrados. Acólleos a súa tía Magda, unha convencida comunista que dirixe unha prisión. A pesar dos seus esforzos por encarrilar á rebelde adolescente, esta resístese a vivir segundo as regras da súa tía. Empeza a buscar pistas do seu pai desaparecido, arrestado pola KGB. Só un amigo de Magda, János, parece apoiala.
O proxecto máis íntimo e monumental de Mészáros é unha triloxía de toques autobiográficos que se inicia con este relato sobre a súa adolescencia. Como lle acontece á protagonista, o pai da directora, o escultor László Mészáros, foi arrestado e executado en 1938, feito que a realizadora só coñecería en 1999 tras unha longa investigación. A súa nai faleceu dando a luz a outro fillo, polo que a nena Mészáros quedou orfa moi nova e criouse cunha autoritaria nai adoptiva tras pasar por un orfanato. Isto marca a súa obra profundamente.
A realizadora recoñeceu nas poucas entrevistas nas que fala da súa vida persoal que cando casou co tamén director Miklós Jancsó ou con Jan Nowicki, mirándoo de forma retrospectiva, quizais estaba buscando figuras virís e seguras de si propias que lle recordaban ao seu pai. É obvio o amor, case a idolatría, que lle profesaba. En diversos flashbacks Juli recorda a seu pai, que se confunde de forma deliberada coa figura de János, unha sorte de referencia moral para ela. Ambos papeis interprétaos Nowicki. Un dos aspectos que máis destaca desta triloxía é o seu apartado estético, do que foi responsable un dos fillos que tivo con Jancsó, Nyika. Esta película coa súa nai foi o seu primeiro traballo no cinema. Hoxe é un reputado director de fotografía na industria do cinema húngara.
Ver en liña
Premios
Cannes 1984 Gran Premio Especial do XuradoFicha técnica
- Título orixinal:
- Napló gyermekeimnek
- Ano:
- 1984
- Duración:
- 107 minutos
- Formato:
- branco e negro
1.37:1, restauración en 4K supervisada polo director de fotografía Nyika Jancsó - País:
- Hungría
- Idioma orixinal:
- Húngaro
- Produción:
- Studio Budapest
Ficha artística
- Dirección:
- Márta Mészáros
- Guión:
- Márta Mészáros
- Fotografía:
- Nyika Jancsó
- Música:
- Zsolt Döme
- Elenco:
- Zsuzsa Czinkóczi, Jan Nowicki, Anna Polony, Mari Szemes, Pál Zolnay, Ildikó Bánsági, Tamás Tóth, Éva Szabó
- Montaxe:
- Éva Kármentő
- Son:
- György Fék
- Deseño de produción:
- Éva Martin
- Vestiario:
- Fanni Kemenes