Ir ao contido principal

Edgar G. Ulmer

De orixe checa, comezou facendo cinema en Alemaña, onde colaborou con grandes cineastas. Fixo decorados para Robert Wiene n'O gabinete do doutor Caligari, siluetas para O Golem de Paul Wegener, e asistiu a F.W. Murnau n'O último ou a G.W. Pabst en Baixo a máscara do pracer, entre outros. A súa ópera prima é Xente en domingo, xunto a Robert Siodmak, en 1930. Máis tarde atopou refuxio dos nazis en Hollywood, onde destacou como director de filmes de misterio e de xénero negro. Algunhas das súas películas máis memorables son Detour e Barbazul