Actualidade
-
A listaxe de libros de Nadal de Helena Wittmann
A realizadora de Human Flowers of Flesh elixe unha escolma de obras que marcaron o seu proceso creativo e que recomenda nestas festas. Estrearemos o filme o 31 de marzo de 2023. Ata aquela, bo Nadal e próspero Aninovo.
-
'Unrueh' e 'Human Flowers of Flesh', en competencia en Novos Cinemas
Ambos filmes, a competición no certame pontevedrés Novos Cinemas (13-18 decembro), foron adquiridos por LOST & FOUND e terán estrea comercial en 2023.
-
'Non choredes, preciosas!': unha introdución ó pop húngaro dos sesenta
O músico e investigador Alfonso Espiño indaga na escena pop de Budapest a finais dos sesenta, ofrecendo unha lectura en profundidade das bandas que aparecen no filme de Márta Mészáros.
-
A Cincenta de José Escobar, creador de Zipi y Zape, volve aos cinemas 70 anos despois
- Érase una vez... é a segunda película de animación española da historia, estreada en 1950 co historietista como codirector.
- Grazas á distribuidora LOST & FOUND, terá unha nova estrea comercial en salas o próximo 16 de decembro.
- A fita, producida por Estela Films, a produtora máis antiga en activo de España, foi restaurada grazas á Filmoteca de Catalunya, que a presentará o 27 de outubro, coincidindo co Día Mundial do Patrimonio Cinematográfico.
-
'Human Flowers of Flesh' estrearase en Sevilla
A película de Helena Wittmann, cuxa premiere mundial tivo lugar en Locarno cun gran apoio crítico, desembarcará en España no Festival de Cinema Europeo de Sevilla.
-
Os filmes de Márta Mészáros chegan ás salas españolas
O ciclo á directora húngara co que inicia andadura a distribuidora de cinema restaurado LOST & FOUND poderá verse en setembro na Filmoteca de Catalunya, Cineteca Madrid e NUMAX. Máis tarde proxectarase noutras prazas como Tabakalera, a Filmoteca de Valencia ou a de Galicia.